Wednesday 24 de April de 2024

Festa da escuma, batallas acuáticas e inchables, principais atractivos da festa infantil do ciclo“Xullo, mes de Patria”


O Concello de Fene continuará festexando o mes da Patria este venres, 8 de xullo, cunha festa infantil
que se desenvolverá dende as 18.00 até as 21.00 horas na praza do alcalde Ramón José Souto
González. Incluirá diversos xogos e atraccións coma o tiracoios xigante “Tira ao coronavirus”, batallas
acuáticas e xincanas, festa da escuma con animación, festa “Holy” con pos de cores, taller de
maquillaxe, inchables e camas elásticas. Serán, en definitiva, tres horas de animación e festa para os
máis pequenos da casa.

Para o desenvolvemento desta xornada, o Concello de Fene lembra que non se poderá circular nin
aparcar na Avda. do Concello este venres a partir das 16.00 horas.

Organiza: Concellería de Cultura de Fene